Bryan Zaragoza Martínez, nado en Málaga o 9 de setembro de 2001, é un futbolista español que xoga de centrocampista no R. C. Celta de Vigo da Primeira División de España.
Traxectoria Clubs Tras se formar coma futbolista nas categorías xuvenís do CD Tiro Pichón, CD de Conejito de Málaga e Granada C. F., finalmente foi cedido ao C. D. El Ejido 2012 en 2020. Debutou contra o Yeclano Deportivo o 1 de novembro de 2020. Tras un ano no club almeriense, volveu ao Granada C. F. na tempada 2021-22. Esa mesma tempada, o 30 de novembro de 2021, debutou co primeiro equipo na Copa do Rei contra o Club Deportivo Laguna, partido que rematou cun marcador de 0-7.
O 6 de decembro de 2023 anunciouse oficialmente a súa fichaxe polo Bayern de Múnic, quen realizou o pago da cláusula de rescisión de 15.000.000 €, e con esta permaneceu no equipo nazarí ata o final da tempada 2023-24. Porén, a súa chegada a Alemaña adiantouse a febreiro en forma de préstamo antes de que entrase en vigor o contrato que asinara ata 2029.
O 9 de agosto de 2024, oficializouse a súa cesión por unha tempada sen opción de compra ao C. A. Osasuna a cambio de 250.000 euros. A tempada seguinte foi cedido de novo, esta vez ao R. C. Celta de Vigo, que nesta ocasión si tivo a opción de adquirilo en propiedade.
Selección española O 9 de outubro de 2023, despois de marcar dous goles contra o FC Barcelona, foi convocado por vez primeira coa selección española. Debutou tres días despois nun partido de clasificación para a Eurocopa 2024 contra Escocia. O 18 de novembro de 2024 marcou o seu primeiro gol internacional nun partido contra Suíza ao transformar un penalti que cometeu contra si propio.
Goles internacionais N.ºDataEstadioRivalGolResultadoCompetición1 18 de novembro de 2024 Estadio Heliodoro Rodríguez López, Santa Cruz de Tenerife, España 3-2 3-2 Liga das Nacións 2024-25
Notas
Categoría:Nados en 2001 Categoría:Xogadores do Celta de Vigo