O urbanismo feminista é unha teoría e un movemento social sobre o impacto do ambiente construído sobre as mulleres. A teoría ten como obxectivo comprender que significa ser muller nun espazo urbano e que loitas e oportunidades atopan as mulleres nestas contornas.

As defensoras do urbanismo feminista presentan unha perspectiva crítica dos sistemas patriarcais e capitalistas que deron forma e seguen dando forma á arquitectura e a planificación urbana, ao mesmo tempo que teñen un impacto negativo na vida das mulleres. O urbanismo feminista tamén se refire ás formas, tanto positivas como negativas, nas que a contorna construída inflúe nas relacións, liberdades, oportunidades, mobilidade e actividades diarias das mulleres. A medida que as contornas urbanas continúan crecendo a nivel mundial, o urbanismo feminista argumenta que é necesario comprender as formas en que os sistemas culturais, políticos e económicos limitaron e oprimiron ás mulleres para crear unha futura contorna construída que sexa máis equitativa, inclusiva, sostible e agradable para todas as persoas. Casanovas, R., Ciocoletto, A., Fonseca, M., Gutiérrez, B., Muxí, Z., & Ortiz, S. (2019). Urbanismo feminista. Por una transformación radical de los espacios de vida, Barcelona, España, Editorial Virus.

A Teoría do Urbanismo Feminista aborda a vida en contornas urbanas desde o punto de vista dos recursos comúns ou compartidos, a vivenda, o espazo público, a mobilidade, a seguridade, a sustentabilidade e o deseño.Sánchez de Madariaga, I. (2020). Género y urbanismo en España: tres décadas de investigación 1990-2020.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos María Novas Jane Jacobs Dolores Hayden

Categoría:Feminismo