Ramón Maside González, nado en Toén o 27 de novembro de 1900, foi un ebanista, militar e político galego.

Traxectoria

Ebanista e carpinteiro mecánico. Traballou na empresa Sánchez Puga e tivo taller propio en Ourense. Membro da UGT. Foi detido en abril de 1934 acusado do asasinato de Alejandro Blanco Gómez,La Región, 14-4-1934, p. 6. e foi condenado a 9 anos de reclusión en febreiro de 1935.El Pueblo Gallego, 15-2-1935, p. 11. Cumpriu condena nas prisións de Ourense e Santoña ata que en febreiro de 1936 saíu en liberdade pola amnistía decretada logo do triunfo da Fronte Popular.

Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 agochouse durante cinco días ata que puido pasar a Asturias por Luarca. Incorporouse ao 120 Batallón de Infantería e combatiu en Espinosa de los Monteros. Coa caída da fronte Norte en 1937, marchou á zona republicana de Cataluña onde formou parte dos 116 e 12 Batallóns de Enxeñeiros do XV Corpo de exército. Foi ascendido a tenente en maio de 1938,Diario Oficial del Ministerio de Defensa Nacional, 29-5-1938, p. 731. e participou na batalla do Ebro. Resultou ferido en tres ocasións. Coa caída de Cataluña exiliouse en Francia, cruzando a fronteira por La Junquera o 12 de febreiro de 1939. Estivo internado no campo de concentración de Saint Cyprien. O 24 de maio de 1939 embarcou no Sinaia rumbo a México, arribando a Veracruz o 13 de xuño.Asilados políticos españoles llegados a bordo del vapor Sinaia Prestou axuda económica á revista Vieiros.Vieiros, 21-6-1959, p. 2. Vida persoal

Casou en Ourense a finais dos anos vinte e foi pai de Ramón, Eloisa, Ernesto e Dolores Maside Pérez.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas "México enriqueceuse moito coa chegada dos exiliados republicanos"

Categoría:Militares de Galicia Categoría:Políticos do PSOE Categoría:Exilio galego Categoría:Galegos de México Categoría:Nados en Toén

Categoría:Nados en 1900 Categoría:Finados en ano descoñecido