miniatura|250px|Tesh Sidi, primeira muller saharauí elixida no Congreso dos Deputados de España. A inmigración saharauí en España (en ) refírese ao asentamento de cidadáns do Sáhara Occidental no Reino de España.

De acordo cunha sentenza do Tribunal Supremo de 2020, os saharauís nados no territorio español do Sáhara Español que non optaron á nacionalidade española conforme ao RD 2258/1976 de 10 de agosto de 1976 sobre opción da nacionalidade española por parte dos naturais do Sáhara, perderon o dereito á nacionalidade española. España non recoñece a República Árabe Saharauí Democrática polo que non hai datos oficiais sobre a emigración dende a RASD. Os residentes do Sáhara Occidental ocupado polo Reino de Marrocos teñen nacionalidade marroquí, e os residentes na zona baixo xurisdición da República Saharauí e en campos de refuxiados de Tindouf, na súa maioría son considerados legalmente apátridas.

Hai estimacións que falan de entre 3.000 e 12.000 saharuís asentados na Comunidade de Madrid, Cataluña, Comunidade Valenciana, Rexión de Murcia, Andalucía, as Illas Canarias, o País Vasco e Estremadura. Páxina 52, Nota 88: "Actualmente é imposible achegar cifras exactas sobre o número de saharauís que viven en España, xa que non existen datos oficiais recompilados pola administración española nin polas autoridades saharauís. Segundo a información recompilada durante o traballo de campo para esta tese, estimouse que o seu número estaba entre as 10.000 e as 12.000 persoas, que residen principalmente na costa mediterránea (Cataluña, Comunidade Valenciana, Murcia e Andalucía), as Illas Canarias, o País Vasco e Estremadura."

Historia da presenza saharauí en España

O Sáhara Occidental formou parte do Imperio Colonial Español en África dende finais do século XIX. En concreto, foi en 1884 cando o aragonés Emilio Bonelli comandou unha expedición da Sociedade Española de Africanistas e Colonistas á zona da península de Río de Oro, sur do Sáhara Occidental, chegando ao que máis tarde sería Villa Cisneros.

A presenza española na zona valeulle para afianzar o dominio tal como as potencias acordaran na Conferencia de Berlín, na que participou o sevillano Francisco Merry y Colom por parte de España. Durante os seguintes anos, España buscaría aumentar o dominio na zona, tamén desexada por Francia, logrando as Posesións españolas do Sáhara Occidental (Sáhara Occidental e a faixa sur de Marrocos) e fracasando nalgunhas empresas como a toma de Tiris Zemmur e Adrar, que finalmente foron para o Imperio colonial francés.

Até 1946, o Sáhara foi unha colonia administrativa de España, sendo totalmente recoñecida polo rival colonial máis próximo, Francia, no Tratado de Fez de 1912. Durante todos os anos de administración colonial, os españois fundaron varios fortes e cidades como Villa Cisneros (1884), La Güera (1920) ou O Aaiún (1938 como forte, 1940 como cidade).

En 1946, o Sáhara foi unido ao resto de colonias españolas na África occidental para formar a África Occidental Española, a imitación do seu homólogo francés. Esta distribución administrativa duraría até 1958, ano no que a daquela colonia española foi dividida en provincias. No caso do Sáhara quedou como unha provincia, sendo separada de Sidi Ifni, formada como provincia de Ifni e os territorios do Marrocos español cedidos ao acabado de formar Reino de Marrocos en 1956 tralo acordo de Cintra.

De 1958 a 1976, a provincia do Sáhara foi unha máis da organización territorial da España franquista, o que permitía unha libre circulación entre a anterior colonia e a metrópole tanto peninsular como dos arquipélagos canarioe balear dos cidadáns saharauís.

Entre 1975 e 1976, cos acontecementos da invasión marroquí do Sáhara (coñecida como «Marcha Verde») e a posterior ocupación marroquí do territorio español en proceso de descolonización, a realidade administrativa dos cidadáns saharauís entrou nun limbo que persiste até hoxe.

Tralas accións militares de Marrocos no Sáhara Occidental en 1975, moitos saharauís exiliáronse e refuxiáronse en países achegados, sendo o maior número os refuxiados que acabaron nos campos de refuxiados de Tindouf, aínda que algúns poucos terían a posibilidade de exiliarse a España xa fose pola súa conta ou como parte do persoal civil evacuado na "Operación Golondrina".

Tamén houbo unha pequena segunda onda de refuxiados saharauís camiño a España durante a guerra do Sáhara Occidental.

Inmigrantes saharauís Cidadáns nacionalizados españois As últimas dúas décadas de administración española, o Sáhara era unha provincia e non unha colonia, polo que a práctica totalidade da poboación saharauí da época contaba co DNI español, o que lles serviu para nacionalizarse españois tanto eles mesmos, como moitos dos seus descendentes que optaron pola nacionalización tras demostrar ser fillos de cidadáns españois nacionalizados por ese método ou que viviron no Sáhara español.

Tamén houbo casos de saharauís nacionalizados españois tras presentar pasaportes marroquís, alxerianos ou mauritanos, aínda que a cifra exacta de ambos métodos descoñécese.

Refuxiados políticos En 2020, había uns 6.000 refuxiados apátridas en España, segundo datos do Ministerio do Interior. Segundo o mesmo órgano, un 94% destes apátridas, unhas 5.640 persoas, eran saharauís (considerados apátridas en España polo non recoñecemento da República Árabe Saharauí Democrática).

Ademais, as cifras de solicitudes de refuxiados que seguen atendéndose nos órganos españois, seguen sendo dunha amplísima maioría saharauí que, se ben até 2007 apenas obtiveron concesións favorables, a partir de 2008 viron como melloraban considerablemente a recepción destas solicitudes.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Relacións España-Sáhara Occidental

Categoría:Inmigración en España Categoría:Diáspora saharauí Categoría:Historia do Sáhara Occidental