Xuxán é un lugar da parroquia de Elviña no concello coruñés da Coruña na comarca da Coruña.

Toponimia Ao tratarse dun lugar de nova construción promovido pola Xunta de Galicia en 1990, destinado en principio a empresas tecnolóxicas e de información, recibiu o nome de "Parque Ofimático". Tras un informe da Real Academia Galega, recuperou o seu nome tradicional, Xuxán. Así consta no Nomenclátor de Galicia de 2026.

Algunhas rúas do novo barrio tamén se bautizaron con microtopónimos da zona: Longarela, Galán, Agrelo, A Canteira, Campo de Galán e A Viña.

Historia A principios da década de 1990 xurdiu a idea de crear na área situada entre Matogrande, Eirís de Abaixo e a Avenida de Alfonso Molina unha urbanización en que se instalarían empresas e oficinas do sector tecnolóxico. Entre 1993 e 1994 a Xunta de Galicia expropiou 80 000 m2 de terreos, pagando o equivalente a 60 euros o metro cadrado aos propietarios das parcelas. Porén, non houbo interese nas empresas e a Xunta e o concello recualificaron os terreos para a construción de vivendas en 1995. Os antigos propietarios reclamaron esta decisión e os tribunais déronlle a razón, mais a reparcelación fixo imposible a devolución, co que tiveron que ser compensados.

O plan definitivo foi aprobado en 2001. Non obstante, os primeiros veciños do novo barrio non chegaron ata marzo de 2019.

Lugares e parroquias Lugares de Elviña

Parroquias da Coruña

Notas

Véxase tamén

Categoría:Lugares da Coruña