Aldo Ferrabino, nado en Cuneo o 28 de xuño de 1892 e finado en Roma o 30 de outubro de 1972, foi un historiador, filósofo, bibliotecario e numismático italiano, senador da República Italiana, profesor universitario e presidente do Instituto Italiano de Numismática.
Traxectoria
Primeiros anos e formación Aldo Ferrabino naceu na vila piemontesa de Cuneo o 28 de xuño de 1892, fillo de Angelica Toesca e de Agostino Vincenzo Ferrabino.Treves, P. (1966).
Logo de asistir ao instituto da súa vila natal, en 1910 matriculouse na Facultade de Artes da Universidade de Turín, logo de acadar unha bolsa de estudos do Colexio Carlo Alberto, para cursar Patrística e Estudos Clásicos, baixo a titoría de Gaetano De Sanctis. Graduouse nesa universidade en 1914, De Gregori, G.; Buttò, S. (1999). cunha tese titulada "Calipso: un ensaio sobre a historia dun mito", que foi publicada ese mesmo ano en Turín.
Traxectoria académica e como erudito Logo do seu período formativo, Ferrabino comezou a impartir clases de Historia Antiga na Universidade de Padua en 1922 —nela chegou a ser reitor en 1947— e en 1949 trasladouse á Universidade La Sapienza de Roma.
No ámbito da política, entre 1948 e 1954, foi senador no Senado da República Italiana polo partido da Democracia Cristiá,"Aldo Ferrabino". Senato.it e nesa condición apoiou a lei que creaba o Centro Nacional para o Catálogo Unificado das Bibliotecas Italianas e para a Información Bibliográfica (1951). miniatura|270x270px|Aldo Ferrabino en 1948 no seu estudio de Roma. Foi vicepresidente do Consello Superior de Academias e bibliotecas desde 1948. En 1950 foi nomeado membro correspondente da Accademia dei Lincei"Ferrabino, Aldo". Accademia Nazionale del Lincei (Lincei.it). e presidente do Instituto Central para o Catálogo Único. Tamén presidiu, desde 1952, o Consello Central de Estudos Históricos, do Instituto Italiano de Historia Antiga. Foi membro da Academia de Ciencias de Turín desde 1954,"Ferrabino, Aldo". Accademia delle Sicnze di Torino (accademiadellescienze.it). presidiu o Instituto Italiano de Numismática de 1958 a 1964.
De 1954 a 1972 foi presidente da Enciclopedia Treccani. En 1956 foi elixido presidente da Sociedade Dante Alighieri. En 1957, cofundou a revista Il Veltro xunto con Vincenzo Cappelletti.
Considerado un experto en cristoloxía e na filosofía da historia, en recoñecemento da súa traxectoria intelectual foi nomeado Cabaleiro da Orde Civil de Savoia o 15 de setembro de 1970.Documentación orixinal da concesión. Archivio.quirinale.it
Aldo Ferrabino faleceu en Roma o 30 de outubro de 1972, aos 80 anos de idade.
Publicacións Esta é unha escolma dos traballos monográficos máis destacados publicados ao longo da traxectoria de Aldo Ferrabino:
(1914). Kalipso, saggio d’una storia di un mito. Bocca, Turín. (1921). Il problema dell'unità nazionale nella Grecia antica. Vol. 1: Arato di Sicione e l'idea federale. Le Monnier, Florencia. (1927). L'impero ateniese. L'Erma di Bretschneider. (1929). La dissoluzione della libertà nella Grecia antica. CEDAM, Pádua. (1934). L'Italia romana. Mondadori, Milán. (1941). I grandi italiani: Cesare. Unione Tipografica, Turín. (1942). Nuova storia di Roma. Tumminelli, Roma. (1943). La vocazione umana. Nuova Edizione Ivrea, Ivrea. (1944). L'esperienza cristiana. Libreria Draghi, Padua. (1945). Le speranze immortali. Società per Azioni, Padua. (1946-1947). Trilogia del Cristo (3 volumes). Le tre venezie. (1950). Adamo. Morcelliana, Brescia. (1955). Le vie della storia. Sansoni, Florencia. (1956). Rivelazione e cultura. La Scuola, Brescia. (1957). Storia dell'uomo avanti e dopo Cristo.Pro Civitate Christiana, Asís. (1957). L'essenza del Romanesimo. Tumminelli, Roma. (1958). L'inno del Simposio di S. Metodio Martire. G. Giappichelli, Turín. (1962). Scritti di filosofia della Storia. Sansoni. (1965). Trasfigurazioni. Aldo Martello, Milán. (1969). Pagine italiane. Veltro, Roma. ISBN 88-85015-09-3 (1972). Misticamente. Stamperia Valdonega, Verona.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía De Gregori, G.; Buttò, S. (1999). "Ferrabino, Aldo". En Per una storia dei bibliotecari italiani del XX secolo. Dizionario bio-bibliografico 1900-1990. Associazione Italiana Biblioteche, Roma. ISBN 88-7812-049-9 Mazzarino, S. (1977). Aldo Ferrabino (in Italian). Accademia dei Lincei. ISBN 978-88-218-0274-4 Pavan, M. (1961). "Ferrabino, Aldo". Enciclopedia Italiana. Ap. III. Treves, P. (1966). "Ferrabino, Aldo". En Dizionario Biografico degli Italiani. Volume 46. Istituto della Enciclopedia Italiana.
Categoría:Nados en 1892 Categoría:Nados na provincia de Cuneo Categoría:Finados en 1972 Categoría:Historiadores de Italia Categoría:Historiadores de Historia Antiga Categoría:Filósofos de Italia Categoría:Senadores de Italia Categoría:Numismáticos de Italia CAtegoría:Escritores de Italia Categoría:Bibliotecarios Categoría:Alumnos da Universidade de Turín Categoría:Profesores da Universidade de Padua Categoría:Profesores da Universidade Sapienza de Roma Categoría:Membros da Accademia Nazionale dei Lincei