Idris Muhammad (; nome de conversión ao islam que adoptou en 1966, nado coma Leo Morris e tamén nome artístico na primeira metade da súa carreira ; nado o 13 de novembro de 1939 en Nova Orleáns e finado o 29 de xullo de 2014 en Fort Lauderdale foi un batería de jazz americano de sona internacional. Foi un dos pioneiros do movemento funky e da fusión do jazz con outras músicas. Colaborou traballando nos discos de Grover Washington Jr., Bob James, Herbie Hancock, George Benson, Lou Donaldson e Ron Carter. A partir de 1970 traballou en diversas formacións, participando na gravación de discos con éxito de crítica e vendas xunto a Stanley Turrentine, Hank Crawford, Freddie Hubbard, Sonny Stitt, Horace Silver ou Randy Weston.
Discografía Idris Muhammad, á marxe da súa carreira como músico de sesión e integrante de outras bandas, gravou trece álbums de estudo entre 1970 e 1998. Entre os seus traballos máis destacados figuran Power of Soul (1974), considerada a súa obra mestra do xénero, e House of the Rising Sun (1976). A súa influencia foi fundamental para o desenvolvemento e éxito de xéneros como o funk, o jazz-funk, o bop cool, o movemento acid jazz dos anos oitenta e tamén o hip hop e o rap, grazas ao uso de innumerables samples das súas gravacións por parte de artistas tan relevantes como Tupac Shakur, The Notorious B.I.G., Beastie Boys, Nas ou Eminem, entre moitos outros.
1970: Black Rhythm Revolution! (Prestige Records) 1971: Peace and Rhythm (Prestige) 1974: Power of Soul (Kudu) 1976: House of the Rising Sun (Kudu) 1977: Turn This Mutha Out (Kudu) 1978: Boogie to the Top (Kudu) 1978: You Ain't No Friend of Mine (Fantasy Records) 1979: Foxhuntin (Fantasy) 1980: Make It Count (Fantasy) 1980: Kabsha (Theresa Records) 1992: My Turn (Lipstick) 1998: Right Now (Cannonball)
Autobiografía Idris Muhammad escribiu a súa autobiografía, titulada The Music: The Life of Idris Muhammad, en colaboración coa escritora Britt Anderson.
Notas
Categoría:Músicos dos Estados Unidos de América Categoría:Nados en 1939 Categoría:Percusionistas de jazz