miniatura|250px|dereita|Mapa do dominio lingüístico do galego de Asturias nos 19 concellos da Terra Eo-Navia. Ibias (1), Degaña (2), Allande (3), Grandas de Salime (4), Pezós (5), San Martín de Ozcos (6), Santalla de Ozcos (7), Eilao (8), Vilanova de Ozcos (9), Taramundi (10), Santiso de Abres (11), A Veiga (12), Boal (13), Villaión (14), Navia (15), Coaña (16), El Franco (17), Tapia de Casarego (18) e Castropol (19). dereita|miniatura|Nome dun bar en galego, coa ortografía do asturiano, en Tapia de Casarego. O galego de Asturias, eonaviego ou galego-asturianoDámaso Alonso Obras Completas, Volume I, páxina 315-316: que moitas veces, por rapidez, denominamos galego-asturiano refírese ao galego que se fala no occidente do actual Principado de Asturias, que chega polo norte ata uns oito quilómetros da beira oriental do río NaviaAna María Cano González Los distintos bables de la región asturiana I Asamblea Regional del Bable, Madrid, 1980, pp 43-44. Esta é unha zona onde e constatábel a súa pertenza xeo-antropolóxica galaica tanto na toponimia e na cultura (cultos, lendas, patrimonio inmaterial) como en elementos arquitectónicos diferentes como os cabazos (hórreos) ou os lousados das casas, semellantes aos da bisbarra da Mariña ou da Terra Chá.

En xaneiro de 2016 o concello da Veiga declarou o galego (baixo a denominación de galego-asturiano) lingua oficial do concello, converténdose deste xeito na primeira localidade da chamada "Galicia estremeira" en situalo en pé de igualdade co castelánO concello asturiano da Veiga declara oficial o galego no seu municipio, nova publicada en Praza Pública o 13 de xaneiro de 2016..

Historia e características A identidade destas falas vén sendo discutida desde posicións asturianistas nos últimos anos, aínda que a postura da práctica totalidade dos lingüistas desde que foron estudadas por vez primeira polo lingüista Ramón Menéndez Pidal na segunda década do século XX até hoxe é que a fronteira do galego é o río Navia:

miniatura|350px|O galego de Asturias dentro do conxunto de áreas lingüísticas do galego

Xurdiron algunhas teorías que discuten o carácter galego destas falas, e defenden que se trata de "falas de transición" ou dun "continuum" lingüístico entre galego e asturleonés, como di Xavier Frías:

Variantes miniatura|dereita|Mapa lingüístico de Asturias. As falas galegas en verde e as astur-leonesas en rosa. As zonas dialectais do galego de Asturias, que se encadra no galego oriental, son segundo Xoán BabarroXoán Babarro, Galego de Asturias. Delimitación, caracterización e situación sociolingüística, Volume I, A Coruña, 2003 pp. 531-542: Área A: concellos de Santiso e Taramundi e as parroquias dos Coutos e parte da de Sena de Ibias, idéntico ao galego do oriente da provincia de Lugo. Tamén parte das parroquias de Guiar e Abres no concello da Veiga e quedan restos do emprego do artigo 'o' en Santalla de Ozcos. Área B: é a zona de maior extensión e abrangue a maior parte da Asturias de fala galega, caracterízase polo emprego do artigo el, conservación do -L- intervocálico, terminación en -en no canto de -eo, posesivos tou e sou. A área subdivídese en dúas segundo o emprego de L- ou Ll- (leite, lleite) Ademais existen tres falas de transición entre o galego e o asturiano na parte oriental do concello de Navia, en parte das parroquias do concello de Villaión e nas parroquias tixileiras da Estierna (Ibias) e Trabáu (Degaña).

Tamén en Galiza Segundo os mapas de isoglosas, o concello lugués de Negueira de Muñiz tamén forma parte do ámbito lingüístico eonaviego, coa diferenza de estar situado en Galiza e non en Asturias. Esta consideración vén apoiada polas propias características do galego falado nese municipio, con uso do artigo 'el' (por 'o'), os posesivos 'tou' e 'sou', a palatalización do l- inicial ("llobo" por "lobo"), a conservación do -l- intervocálico latino ("avolo" por avó) ou os sufixos diminutivos en -ín ("camín" por camiño ou "molín" ou "muín" por muíño), todos trazos xenuinamente eonaviegos.

Alén disto, a asociación Abertal, que preside o xeógrafo Carlos Xesús Varela Aenlle, correspondente da Real Academia Galega no Eo-Navia, tamén enumera Negueira de Muñiz como parte das terras eonaviegas Texto de presentación da asociación Abertal Consultado o 23 de febreiro de 2010..

Cadro comparativo LatínGalego-portugués antigo Portugués Galego (Galicia) Galego (Asturias) altu(m) outo alto alto alto arbor(em) árvol árvore árbore árbol (ant. árbole) asciata (m) aixada enxada aixada eixada auru(m) ouro ouro ouro ouro quattuor(rum) quatro quatro catro cuatro brachiu(m) braço braço brazo brazo cælu(m) ceo ceu ceo cêlo clave(m) chave chave chave chave cena (m) cea ceia cea cía caballu(m) cavalo cavalo cabalo cabalo/caballo digitu(m) dedo dedo dedo dido dubita(m) dúbida/dulda dúvida dúbida débeda duo/duæ dous/duas dois (dous)/duas dous/dúas dous/dúas homo ohomine(m) home homem home hòme libru(m) livro livro libro libro/llibro luna (m) lúa lúa lúa lúa/llúa lana (m) lã lã la lá/llá (ant. lã/llã) manu(m) mão mão man mao (ant. mão) multu(m) muito muito moito muito integru(m) enteiro inteiro enteiro enteiro nocte(m) noite noite noite noite pectu(m) peito peito peito peito planu(m) chão chão chan chao plenu(m) chëo cheio cheo chen/chío quī / quem quem quem quen quèn sucu(m) çume sumo, suco zume zume tabula (m) taboa tábua táboa traba parete(m) parede parede parede parede una (m) üa uma unha úa cerasium cereija cereja cereixa cereixa vetu(s) vello velho vello vèyo vicinus(m) vezinno vizinho veciño vecín/vecío Latín Galego-portugués antigo Portugués Galego (Galicia) Galego (Asturias)

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Concellos galegofalantes de Asturias, Castela e León e Estremadura Galego exterior Galego oriental Áreas lingüísticas do galego

Ligazóns externas Contribución ao dicionario galego : o léxico do galego de Asturias (LeGA), por Carlos Xesús Varela Aenlle (contén PDF de 7 megas). Vídeo pedagóxico do programa Ben falado! sobre o galego de Asturias, presentado por Ferro Ruibal e emitido na TVG o 29 de setembro de 2010.

Categoría:Galego de Asturias