O Chari (en árabe نهر شاري Bahr Xari, valendo bahr por "río") é un río da África Central, que verte as súas augas no lago Chad, despois de percorrer 1.200 km.
Descrición O Chari nace na República Centroafricana, cerca da localidade de Mbala, e logo de atravesar o Chad, con percorrido sinuoso, desemboca no lago Chad. O caudal que o Chari desauga representa o 90 % das contribucións hídricas do lago. Na última parte do seu curso, desde a cidade de Ndjamena, o Chari marca a fronteira entre o Chad e o Camerún. A súa conca cobre unha área de 548.747 km².
O Chari é a fonte dunha importante actividade pesqueira. O peixe máis abundante é a perca do Nilo.
Afluentes Os tributarios principais do Chari son: Pola marxe dereita: Bangoran. Bahr Aouk. Bahr Keita. Bahr Salamat. Pola beira esquerda: Gribingui. Bamingui. Ouham ou Bahr Sara. Logone. Brazos No seu curso, o río crea varias correntes secundarias ou brazos, dos que cómpre destacar os seguintes: Bahr Erguig. Bahr Gatamaro. Bahr Ligna. Batha du Lairi. Bahr Biher. Serbeouel. Taf-Taf. Eredir. Localidades que atravesa Ás beiras do Chari fican as seguintes localidades a destacar: Sarh. Guelendeng. Ndjamena.
Categoría:Ríos do Chad Categoría:Ríos da República Centroafricana Categoría:Ríos do Camerún Categoría:Ríos do lago Chad