O Premio Cultura Galega das Artes Plásticas é un galardón concedido como parte dos Premios da Cultura Galega pola Xunta de Galicia a persoas físicas ou xurídicas que destacasen nese ano polo seu labor no "desenvolvemento de recursos expresivos, investigación de linguaxes propias, innovación no plano creativo, creación de códigos de intercambio con outras sociedades e culturas ou calquera outro aspecto que contribúa a fortalecer e ampliar a creación plástica galega e a súa imaxe pública"Convocatoria dos premios, publicada no Diario Oficial de Galicia, 5/10/2010.. Os premiados son seleccionados por un xurado único formado por doce persoas.

Os premios convocáronse por primeira vez no ano 2010, aínda que naceron como continuación dos Premios Nacionais da Cultura Galega, creados en 2008 e que tiveron unha única ediciónA Xunta crea os Premios da Cultura Galega , A Nosa Terra, 5/10/2010.. A diferenza do anterior, concedido a Francisco Leiro, este premio non ten dotación económica.

Premiados miniatura|Entrega dos Premios da Cultura Galega 2018. 2010 - Menchu Lamas 2011 - Manolo Paz 2012 - Manuel Quintana Martelo 2013 - Fundación Granell. 2014 - Galería TrintaPremios da Cultura Galega 2014 2015 - Miguelanxo Prado 2016 - Miguel Fernández-Cid 2017 - Berta Álvarez Cáccamo 2018 - Luz Darriba 2019 - Soledad Penalta 2020 - Xurxo Lobato 2021 - Antón Pulido 2022 - María Victoria Carballo-Calero 2023 - Museo do Gravado de Ribeira 2024 - Pepe Barro 2025 - Bienal de Arte de Pontevedra

Notas

Artes Plasticas