José María Pardo Montero, nado en Sobrado o 24 de setembro de 1930 e finado en Lugo o 25 de outubro de 2015, foi un avogado e político galego.
Traxectoria Estudou o bacharelato en Santiago de Compostela e licenciouse en Dereito na USC. Exerceu como avogado en Vilalba. Casou con Ángeles Hortal Espinosa.
Como home público, tivo unha longa traxectoria política. Foi deputado de UCD por Lugo na lexislatura constituínte (1977-1979), logo senador na I lexislatura (1979-1982), parlamentario autonómico en 1981 e deputado por Pontevedra na III Lexislatura (1986-1989). En 1979 foi nomeado Conselleiro de ordenación do territorio, urbanismo e transportes da Xunta preautonómica. O 11 de abril de 1987 como representante do Partido Liberal, constituíu na Coruña a Coalición Progresista Galega, con Fernando García Agudín, por Coalición Galega e Enrique Marfany polo PDP.
Contribuíu á dinamización económica de Lugo desde o seu cargo como presidente de Caixa Rural Galega, que se converteu (dende 1986) en tal na súa presidencia a partir da Caixa Rural de Lugo.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Outros artigos Lista de deputados galegos no Congreso desde a Transición Lista de senadores galegos desde a Transición
Ligazóns externas Ficha no Congreso dos Deputados Ficha no Senado
Categoría:Deputados do Congreso dos Deputados pola UCD Categoría:Deputados no Congreso dos Deputados pola provincia de Lugo Categoría:Deputados do Parlamento de Galicia por UCD Categoría:Senadores por Lugo Categoría:Conselleiros da Xunta de Galicia Categoría:Nados en Sobrado Categoría:Nados en 1930 Categoría:Finados en 2015 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes Categoría:Deputados da I Lexislatura do Parlamento de Galicia Categoría:Deputados no Congreso dos Deputados pola provincia de Pontevedra