miniatura|Placa co seu nome nun lavadoiro na Oliveira (Teis).

Rafael Jesús Portanet Suárez, nado en Cangas de Morrazo o 6 de marzo de 1908 e finado en Vigo o 5 de maio de 1988,Faro de Vigo, 7/5/1988, p. 1, 8. foi un empresario e político galego, alcalde de Vigo durante o franquismo dende 1964 ata 1970."Dimite el alcalde de Vigo", artigo en La Vanguardia Española o 26 de marzo de 1970 .

Traxectoria De familia de tradición empresarial e xenro de Eduardo Cabello (enxeñeiro artífice do porto de Vigo), iniciou a súa andaina profesional no sector do peixe e as conservas. Delegado do Estado na Zona Franca durante 37 anos, atribúeselle gran parte do mérito da chegada da factoría PSA Citroën ás súas instalacións.

Remodelou e profesionalizou a Caixa de Aforros Municipal de Vigo como presidente da mesma. Como alcalde de Vigo promoveu a modernización da cidade (apertura da rúa Venezuela, desenvolvemento do polígono de Coia, mellora da iluminación da cidade, remodelación do parque da Guía, do Castro e parque de Castrelos, mellora do Museo Quiñones de León, instalación de parques infantís na cidade, auga ó rural, Escola de Artes e Oficios), cunha xestión eficaz e ás veces controvertida. Durante o seu mandato, no cambio de ano de 1967 a 1968, os tranvías eléctricos que había na cidade (dende 1914) foron substituídos por autobuses.

Nas eleccións xerais de 1979 foi elixido deputado polo grupo Coalición Democrática, e viviu o golpe de estado do 23 de febreiro de 1981 no Congreso dos Deputados.

Recoñecementos Recibe o recoñecemento a súa xestión co nomeamento da Avenida Alcalde Portanet.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Outros artigos Lista de deputados galegos no Congreso desde a Transición Ligazóns externas Ficha na páxina do Congreso dos Deputados . "Portanet, regidor eficaz y alcalde autoritario", artigo en La Voz de Galicia o 22 de xullo de 2006 .

Categoría:Nados en Cangas de Morrazo Categoría:Alcaldes de Vigo Categoría:Alcaldes de Galicia durante o franquismo e a transición Categoría:Políticos de AP Categoría:Nados en 1908 Categoría:Finados en 1988 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes Categoría:Deputados no Congreso dos Deputados (I Lexislatura) Categoría:Deputados no Congreso dos Deputados pola provincia de Pontevedra