José Mareque Santos, nado en Cádiz o 14 de novembro de 1871 e finado en Madrid o 24 de maio de 1937, foi un político socialista español.
Traxectoria Traballou de carpinteiro en Santiago de Compostela onde foi promotor da Sociedade de Carpinteiros (1894) e militou no PSOE, do que foi presidente da agrupación local de Compostela dende 1898. Tamén foi vogal da Sociedad de Curtidores en 1896. Formou parte doutras sociedades proletarias como a de Peones de Santiago e contorno en 1921. En 1903 casou cunha panadeira de Santiago e pasou a exercer esa profesión. Foi presidente da Sociedad de Obreros Panaderos "La Espiga". Foi elixido deputado do PSOE pola provincia da Coruña nas eleccións a Cortes Constituíntes de 1931. Ao rematar a lexislatura quedou en Madrid e traballou no Ministerio de Mariña.
Vida persoal
Foi pai de Ángel Mareque Cajaraville (nado en Santiago de Compostela en 1904 e finado en 1974 en Vigo), escultor, pintor, ilustrador e mestre de ourivería na Escola de Artes e Oficios de Vigo. Notas
Véxase tamén Bibliografía
Categoría:Sindicalistas de Galicia Categoría:Políticos do PSOE
Categoría:Deputados nas Cortes da II República Categoría:Nados en Cádiz Categoría:Nados en 1871 Categoría:Finados en 1937 Categoría:Carpinteiros