La saga/fuga de J. B. é unha novela de Gonzalo Torrente Ballester, publicada en 1972 pola editorial Destino. Obtivo os premios Ciudad de Barcelona e o Premio da Crítica de narrativa castelá.

Trama A obra conta a historia da vila de Castroforte del Baralla, unha cidade galega, capital dunha quinta provincia silenciada polo aparello burócrata do estado. José Bastida é un profesor que chega á vila a mediados do século XX, e conta a crónica da comunidade social desde a Idade Media, construída a través de paralelismos entre personaxes ao longo da historia.

A cidade, fundada como colonia a comezos da era actual, comezou a acadar importancia na época do bispo Jerónimo Bermúdez (alter ego de Diego Xelmírez), que promove a construción dunha basílica para a veneración do Corpo Santo. A partir de aí vaise construíndo a súa mitificación en base a un paralelismo entre a sociedade de diversas épocas.

Narración Personaxes José Bastida é un antiheroe. Profesor de gramática represaliado, estivo preso na illa de San Simón. Alter ego do profesor ferrolán Manuel Masdías, amigo de Torrente. Don Torcuato del Río. Galeguista erudito. Personaxe baseado na figura de Manuel Murguía. Perfecto Reboiras. Boticario. Personaxe baseado en Perfecto Feijoo. Coralina Soto. Alter ego de Carolina Otero.

Espazo dereita|miniatura|Basílica de Santa María a Maior de Pontevedra. A cidade de Castroforte del Baralla é unha vila galega. Ten bastantes elementos de Pontevedra (personaxes e lugares), pero sen estar representada completamente, pois é unha ambientación mitificada. Así, aparecen reflectidos os irmáns Andrés e Jesús Muruais, a Basílica de Santa María a Maior.

Acollida O censor que informou sobre a súa publicación dixo da obra:

Edicións O libro apareceu por vez primeira en abril de 1972, da man de Ediciones Destino (nº 388 da colección Áncora y Delfín). En 2011 publicouse unha edición crítica a cargo de Carmen Becerra Suárez e Antonio Jesús Gil González. Foi traducida ao francés por Claude Bleton en 1991, co título de La saga/fuga de J. B.. En 1992 apareceu a tradución ao portugués de Cristina Rodríguez e Artur Guerra, co título de A saga/fuga de J. B..

Véxase tamén Bibliografía Ponte Far, J. A. (2000): Pontevedra en la Vida y Obra de Gonzalo Torrente Ballester. Pontevedra: Caixanova. Ligazóns externas Víctor F. Freixanes (20/11/2011). "Alí naceu «La Saga/Fuga»" La Voz de Galicia.

Categoría:Novelas de Gonzalo Torrente Ballester Categoría:Obras literarias de 1972 Categoría:Novelas ambientadas en Galicia