King Kong é un filme de aventuras dirixido por Peter Jackson que se estreou no 2005. É un remake do filme de 1933 King Kong.

Sinopse Ann Darrow (Naomi Watts) é unha actriz de vodevil que queda sen traballo durante a Gran Depresión. A súa sorte cambia cando coñece a Carl Denham (Jack Black), un empresario que loita para abrirse camiño no mundo do espectáculo. A eles únese Jack Driscoll (Adrien Brody), un autor de teatro neoiorquino. Os tres emprenden unha viaxe que os levará a unha remota illa, onde Denham ten previsto dirixir unha película. Alí descobren un ser incrible, un gorila xigante, King Kong, que habita na frondosa selva onde criaturas prehistóricas viviron ocultas durante millóns de anos. Denham, cun apetito insaciable de grandeza, enseguida ve a fama que pode reportarlle a captura do gorila e a súa exhibición en Nova York.

Personaxes Naomi Watts como Ann Darrow Jack Black como Carl Denham Adrien Brody como Jack Driscoll Thomas Kretschmann como Capitán Englehorn Colin Hanks como Preston Jamie Bell como Jimmy Andy Serkis como King Kong e Lumpy Evan Parke como Ben Hayes Kyle Chandler como Bruce Baxter John Sumner como Herb Lobo Chan como Choy Craig Hall como Mike William Johnson como Manny Mark Hadlow como Harry Jed Brophy e Todd Rippon fan cameos

Galardóns e nomeamentos 2005: 3 Oscars: Mellores efectos visuais, efectos sonoros, son. 5 nomeamentos. 2005: 2 Nomeamentos ó Globo de Ouro: Mellor director, banda sonora orixinal. 2005: BAFTA: Mellores efectos visuais: 2 nomeamentos. 2005: Premio Especial no Festival de Toronto: Andy Serkis

Banda sonora A banda sonora de King Kong foi composta e dirixida por James Newton Howard. O álbum do filme foi nomeado para os Globo de Ouro á mellor banda sonora orixinal. "King Kong" – 1:09 "A Fateful Meeting" – 4:16 "Defeat Is Always Momentary" – 2:48 "It's In the Subtext" – 3:19 "Two Grand" – 2:34 "The Venture Departs" – 4:03 "Last Blank Space On the Map" – 4:43 "It's Deserted" – 7:08 "Something Monstrous… Neither Beast Nor Man" – 2:38 "Head Towards the Animals" – 2:48 "Beautiful" – 4:08 "Tooth and Claw" – 6:17 "That's All There Is…" – 3:26 "Captured" – 2:25 "Central Park" – 4:36 "The Empire State Building" – 2:36 "Beauty Killed the Beast (Part I)" – 1:59 "Beauty Killed the Beast (Part II)" – 2:22 "Beauty Killed the Beast (Part III)" – 2:14 "Beauty Killed the Beast (Part IV)" – 4:45 "Beauty Killed the Beast (Part V)" – 4:13

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Ficha na IMDb Ficha en Filmaffinity

Categoría:Filmes de 2005 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes de Nova Zelandia Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes dirixidos por Peter Jackson Categoría:Filmes producidos por Peter Jackson Categoría:Filmes con banda sonora de James Newton Howard Categoría:Filmes de Universal Pictures Categoría:Filmes de WingNut Films Categoría:Filmes rodados en Nova Zelandia Categoría:Filmes sobre dinosauros Categoría:Filmes sobre primates Categoría:Filmes ambientados en 1933