miniatura|Febreiro ilustrado no libro de horas Les Très Riches Heures du Duc de Berry, manuscrito do s. XV. Febreiro é o segundo mes do ano no calendario gregoriano, con 28 días os anos normais e 29 os anos bisestos. Tres veces ao longo da historia, e só en determinados países, houbo un 30 de febreiro. Tamén recibe o nome en galego de candeloria, derivado do día da Candeloria que se celebra o 2 de febreiro.
Acontecementos en febreiro O 14 de febreiro celébrase o Día dos namorados, ou de San Valentín. O terceiro sábado de febreiro celébrase o Día Mundial do Pangolín.La Voz de Galicia, suplemento La Voz de la Escuela 25.02.2026. O terceiro domingo de febreiro celébrase o Día Mundial das Baleas''. Por estas datas celébranse os seguintes certames cinematográficos: Premios Goya da Academia de Artes Cinematográficas de España, a Berlinale en Alemaña, os premios Mestre Mateo da Academia Galega do Audiovisual e finalmente os Premios Óscar (por orde máis ou menos cronolóxica).
Febreiro na cultura popular
Por San Brais, dúas horas máis. [3 de febreiro] Por San Pedro da Cuadrela, sal a cóbrega da súa pedra. [22 de febreiro]
Notas
Categoría:Meses