El Zumbido foi un periódico editado en Noia en 1880.

Historia e características Subtitulado Periódico semanal, apareceu o 15 de xaneiro de 1880. Publicábase os días 1, 8, 15 e 22 de cada mes. Fundado por Mariano Medina Cabezudo, Jesús María Rodríguez Vázquez e Venancio Vidal Reino, que foron os seus redactores. Jesús María Rodríguez exerceu como director. Nas súas páxinas viron a luz un artigo anónimo solidarizándose con Manuel Curros Enríquez pola sentenza condenatoria do xulgado de Ourense, anuncios da segunda edición de Aires da miña terra e un conto, en galego, de Faustino Romero Blanco. Foi rival do periódico El Tambre. O último número coñecido, o 41, foi editado o 15 de novembro de 1880.

Véxase tamén Bibliografía

Outros artigos Lista de publicacións impresas da provincia da Coruña Ligazóns externas Exemplares de El Zumbido da Biblioteca-Hemeroteca do Ateneo Ferrolán, en Internet Archive.

Categoría:Prensa escrita de Noia Categoría:1880 en Galicia