José Giráldez Maneiro, coñecido como Seso Giráldez, nado no Carril (Vilagarcía de Arousa) o 24 de setembro de 1936 e finado en Vilagarcía de Arousa o 14 de maio de 2016, foi un político galego e fundador do PSOE en Vilagarcía.

Traxectoria Fillo dun mestre republicano que foi represaliado sen poder gañar unha praza definitiva, pasou a súa infancia seguindo á familia por Vilaxoán, Baión, Carballeda de Avia e Crecente ata que o pai conseguiu unha permuta co mestre do Carril. Traballou de oficial de xulgado en Vila de Cruces, Rianxo, Cambados, Bata (Guinea Española) e Villa Cisneros (hoxe Dakhla). Foi un dos fundadores do PSOE en Vilagarcía en 1976 e o primeiro secretario xeral. Foi candidato á alcaldía de Vilagarcía nas municipais de 1983. Foi elixido parlamentario pola provincia de Pontevedra nas eleccións autonómicas de 1985 polo PSdeG. Volveu ser elixido parlamentario autonómico nas autonómicas de 1989 e 1993. Finou en Vilagarcía de Arousa o 14 de maio de 2016.Muere en Vilagarcía José Giráldez Maneiro, uno de los pilares del socialismo de Arousa y de Galicia

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Entrevista en Faro de Vigo El PSOE homenajea a uno de sus fundadores, Seso Giráldez Entrevista en La Voz de Galicia

Categoría:Deputados do Parlamento de Galicia polo PSdeG-PSOE Categoría:Nados en Vilagarcía de Arousa Categoría:Nados en 1936 Categoría:Finados en 2016 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes Categoría:Deputados da II Lexislatura do Parlamento de Galicia Categoría:Deputados da III Lexislatura do Parlamento de Galicia Categoría:Deputados da IV Lexislatura do Parlamento de Galicia