A maiorana (Origanum majorana) é unha herba perenne da familia lamiaceae, cultivada polo seu uso aromático, que lembra ao do piñeiro e aos cítricos. O seu hábitat natural é o leste de Asia e a rexión mediterránea, o seu cultivo está moi estendido na Península Ibérica onde vexeta en zonas asolladas e secas.

Os matos acadan un talle duns 60 cm. de altura, algo lígneos na base, follas aovadas, enteiras, abrancazadas e lanuxinosas.As miúdas flores labiadas xorden reunidas en franzas terminais, adoitan ser brancas ou rosadas. As sementes son redondas, miúdas e avermelladas.

Composición A planta contén substancias tánicas, pentonasas e principios amargos, ademais de minerais, mais a substancia principal é a esencia recendente, de cor amarela averdada composta por terpenos, terpineno e origanol (arredor do 40%), sabineno e sesquiterpenos en pequenas cantidades.

Usos Diferentes usos culinarios onde se utiliza para adubar sopas, mollos, carnes e peixes.

Sinonimia thumb|right|Follas de maiorana secas. Origanum dubium Boiss. Origanum syriacum subsp. dubium (Boiss.) Holmboe Origanum majoranoides Willd. Origanum odorum Salisb. Majorana vulgaris Gray Majorana ovatifolia Stokes Majorana hortensis Moench Amaracus majorana (L.) Schinz & Thell. Thymus majorana (L.) Kuntze, Taschen-Fl. Leipzig: 106 (1867). Majorana majorana (L.) H.Karst., Ill. Repet. Pharm.-Med. Bot.: 999 (1886), nom. inval. Origanum salvifolium Roth, Catal. Bot. 2: 48 (1800). Majorana ovalifolia Stokes, Bot. Mat. Med. 3: 350 (1812). Majorana uncinata Stokes, Bot. Mat. Med. 3: 353 (1812). Majorana tenuifolia Gray, Nat. Arr. Brit. Pl. 2: 381 (1821). Majorana fragrans Raf., Fl. Tellur. 3: 86 (1837). Majorana suffruticosa Raf., Fl. Tellur. 3: 86 (1837). Origanum confertum Savi, Giorn. Tosc. Sci. Med. 1: 12 (1840). Majorana mexicana M.Martens & Galeotti, Bull. Acad. Roy. Sci. Bruxelles 11(2): 191 (1844). Majorana dubia (Boiss.) Briq. in H.G.A.Engler & K.A.E.Prantl, Nat. Pflanzenfam. 4(3a): 307 (1896).

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas

Categoría:Origanum Categoría:Plantas medicinais Categoría:Flora da conca mediterránea Categoría:Flora de Asia Categoría:Herbas aromáticas Categoría:Taxons descritos por Linné