Celestina Penabad García, nada o 2 de agosto de 1907 no Burgo (Muras) e finada o 13 de setembro de 2018, foi unha labrega e supercentenaria galega que en decembro de 2017 se converteu na persoa máis vella de Galicia.

Traxectoria Celestina Penabad García foi unha labrega galega. Logo de casar mudouse a vivir a Roupar (Xermade), e nos últimos anos trasladouse á cidade da Coruña, onde vive cunha das súas fillas se ben seguía a pasar as vacacións en Roupar.

Logo do pasamento de Avelina Mouzo nos últimos días de 2017, Celestina Penabad converteuse na galega viva máis vella e, ademais, na única persoa supercentenaria, é dicir, a única que daquela superaba os 110 anos, en toda a comunidade de Galicia. Ó falecer quedoulle a remuda de supercentenaria e "avoa de Galicia" a Concepción Pichel SampayoLa Voz de Galicia, 16 de setembro de 2018, páxina L9.

Vida persoal Casou con Antonio Pardo, que foi alcalde de Xermade durante uns meses durante a Segunda República. Tivo dúas fillas, Teresa e Olga.

Notas

Categoría:Supercentenarios galegos Categoría:Nados en Muras Categoría:Nados en 1907 Categoría:Finados en 2018 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes