Só ante o perigo (en ) é un filme estadounidense de 1952 do xénero de western, dirixido por Fred Zinnemann e interpretado por Gary Cooper, Grace Kelly, Lloyd Bridges, Katy Jurado e Thomas Mitchell. O filme desenvólvese en tempo real, coa montaxe de varios reloxos que marcan o paso do tempo intercalados entre as escenas de tensión.
Gañou catro premios Oscar de sete candidaturas e catro premios Globo de Ouro de oito candidaturas. Recibiu o posto 33 na lista de mellores filmes estadounidenses do American Film Institute.
Foi emitido na TVG o 3 de novembro de 2007.La Voz de Galicia, 3 de novembro de 2007. Páx. 59
Argumento Will Kane, o shériff de Hadleyville, casou coa cuáquera Amy e prepárase para cambiar de cidade. Durante os preparativos da mudanza, óuvese que Frank Miller, un home que Kane arrestara, saíra da prisión e chegaría no tren do mediodía para vingarse del. A banda de Miller agárdao na estación para axudalo a cumprir o seu desexo.
Kane e a súa dona deixan a cidade, mais logo el decide volver, perturbado pola súa conciencia. Kane conta con que os seus amigos e veciños o axuden contra a banda de catro homes, mais para a súa sorpresa ninguén quere verse envolveito na rifa e mesmo o seu mellor amigo e axudante, Harvey Pell, o deixa só e a súa esposa ameaza con marchar sen el. Só a súa ex-namorada Helen Ramirez intenta axudalo.
Elenco Gary Cooper como o shériff Will Kane Thomas Mitchell como o prefecto Jonas Henderson Lloyd Bridges como Harvey Pell Katy Jurado como Helen Ramirez Grace Kelly como Amy (Fowler) Kane Ian MacDonald como Frank Miller Otto Kruger como o xuíz Percy Mettrick Lon Chaney Jr como Martin Howe Harry Morgan como Sam Fuller Eve McVeagh como Mildred Fuller Morgan Farley como o reverendo Dr. Mahin Harry Shannon como Cooper Lee Van Cleef como Jack Colby Robert J. Wilke como Pierce Sheb Wooley como Ben Miller Tom London como Sam
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Categoría:Filmes de 1952 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes ambientados nos Estados Unidos de América Categoría:Filmes ambientados en Novo México Categoría:Filmes de United Artists Categoría:Filmes en branco e negro Categoría:Filmes sobre vinganza Categoría:Filmes preservados no National Film Registry Categoría:Filmes de 1952 con versión en galego