José Luis Borau Moradell, nado en Zaragoza o 8 de agosto de 1929 e finado en Madrid o 23 de novembro de 2012, foi un director, produtor, guionista, actor ocasional, editor literario e crítico de cine español, membro da Real Academia Española na cadeira B dende 2008 até a súa morte.«Algo más que un director de cine», El País, 23 de novembro de 2012.«Fallece José Luis Borau a los 83 años», ABC, 23 de novembro de 2012.

Traxectoria Borau realizou os seus primeiros estudos no Colexio de Santo Agostiño de Zaragoza, cidade en que comezou a estudar Dereito en 1949. Tras traballar durante un curto período como crítico de cinema no xornal Heraldo de Aragón, estudou dende 1957 na Escola Oficial de Cinematografía en Madrid, carreira que terminou co curto En el Río en 1960.

Foi considerado a grande esperanza do "novo cinema español" nos anos 1960. Con todo, mentres os seus contemporáneos facían un cine psicolóxico, el, seguindo as modas de Hollywood, dedicouse ao spaghetti western (Brandy, 1963) ou ao suspense (Crimen de doble hilo, 1965), con pouco éxito comercial.

Destes traballos sacou a conclusión de que só podía rodar filmes satisfactorios se os realizaba baixo control propio e fundou en 1967 a súa propia produtora El Imán. Durante dez anos filmou sobre todo anuncios e produciu filmes doutros directores. Ademais, traballou como profesor de guión da Escola Oficial de Cinematografía.

O seu primeiro filme baixo control propio foi o suspense político Hay que matar a B. (1974), que puxo de relevo, por primeira vez, o seu estilo preciso e minucioso na dirección, a construción da historia e a montaxe. Este filme contou cun elenco internacional que incluía as estrelas norteamericanas Burgess Meredith e Patricia Neal.

O seu maior éxito comercial logrouno en 1975 co drama Furtivos, que actualmente se considera como un dos mellores exemplos do cinema do tardofranquismo. Sobre todo, impresionou a escenografía visual da trama nos bosques dos arredores de Madrid. O filme obtivo ese mesmo ano a Cuncha de Ouro do Festival de Cinema de Donostia e o premio ao mellor filme en lingua española.

En 1979 estreou La Sabina, unha historia de paixón e superstición que transcorre en terras andaluzas. A coprodución con Suecia permitiu sumar ao elenco coñecidos actores estranxeiros.

En 1984 dirixiu a coprodución hispano-norteamericana Río abajo con David Carradine e Victoria Abril, que non obtivo a repercusión esperada. Borau puido desquitarse deste relativo fracaso cultivando un éxito de público e crítica en 1986 con Tata mía (con Imperio Argentina e Carmen Maura), que entre outras logros alcanzou un nomeamento ao Goya como mellor guión. En 1997 filmou Niño nadie.

En 1993 filmou a serie de televisión Celia, baseada nas historias de Elena Fortún. Coa idea inicial de tan só escribir os guións e producir os capítulos, acabou por dirixir parte da serie, que tivo certo éxito de público en TVE.

De 1994 a 1998 foi presidente da Academia das Artes e as Ciencias Cinematográficas de España, dende a que dirixiu a elaboración e edición do Diccionario de Cine Español en 1998. En 1995 fundou a súa propia editorial, Ediciones El Imán, dedicada principalmente á cinematografía.

No ano 2001 obtivo co seu filme Leo o premio Goya á mellor dirección. Ademais, gañou o premio especial do xurado do Festival de Cinema de Málaga e xunto con La comunidad, de Álex de la Iglesia o premio Fotogramas de Plata. En 2003, aos 74 anos, recibiu por Camisa de once varas, libro de relatos, o Premio Tigre Juan de narrativa á mellor ópera prima. En 2007, Chunta Aragonesista concedeulle o III Premio Aragoneses en Madrid. Foi presidente da Sociedade Xeral de Autores e Editores (SGAE) dende xullo de 2007 ata xullo de 2011.

En febreiro de 2008 foi nomeado académico da Real Academia Española, cubrindo a vacante deixada por Fernando Fernán Gómez na cadeira B. A contestación do seu discurso de incorporación correu a cargo de Mario Vargas Llosa.«José Luis Borau y José María Merino, nuevos académicos de la Lengua», El País, 27 de marzo de 2008. O 22 de novembro de 2012 presentouse o libro Borau. La vida no da para más, un achegamento á súa obra por parte de Bernardo Sánchez Salgas.«Borau mira por el retrovisor de la vida», El País, 21 de novembro de 2012. Un día despois faleceu en Madrid á idade de 83 anos«Borau, un humanista desde la mecedora», Diario de Sevilla, 23 de novembro de 2012.«El adiós de Borau deja al lenguaje del cine sólo ante el peligro», El Mundo, 24 de noviembre de 2012. a causa dun cancro de gorxa.

Filmografía Director AnoTítuloNotas 1960 En el ríoCurtametraxe documental 1963 Brandy 1965 Crimen de doble filo 1974 Hay que matar a B 1975 Furtivos Cuncha de Ouro no Festival Internacional de Cinema de Donostia 1979 La Sabina 1984 Río abajo 1986 Tata mía 1992 Celia Serie de televisión 1996 Niño nadie 2000 LeoGoya á mellor direcciónParticipou no 22.º Festival Internacional de Cinema de Moscova.

Actor AnoTítuloPersonaxeNotas 1965 El juego de la oca Cliente do café Sen acreditar 1970 Un, dos, tres... al escondite inglés Tío Prudencio Sen acreditar 1972 Mi querida señorita Médico Sen acreditar 1975 Furtivos Gobernador 1975 La adúltera Médico 1978 Sonámbulos Director de la biblioteca 1981 Cuentos para una escapada 1988 Malaventura Alcántara 1993 Todos a la cárcel Capellan 1996 Ilona llega con la lluvia Alcántara

Obra literaria

Camisa de once varas Navidad, horrible navidad El amigo de invierno Cuentos de Culver City Palabra de cine

Crítica cinematográfica Diccionario de cine español La pintura en el cine, el cine en la pintura Cine, arte y dispositivos en el cine español

Notas

Véxase tamén Bibliografía D’Lugo, Marvin. Guide to the Cinema of Spain. Greenwood Press, 1997. Torres, Augusto M. Diccionario Espasa Cine Español. Espasa Calpe, 1994, Ligazóns externas Jose Luis Borau, nuevo académico de la lengua. La Gaceta de los Negocios El cineasta José Luis Borau, Premio de las Letras

Categoría:Nados en Zaragoza Categoría:Nados en 1929 Categoría:Finados en 2012 Categoría:Directores de cinema de España Categoría:Produtores de cinema de España Categoría:Premio Ondas Categoría:Académicos da Real Academia de Belas Artes de San Fernando Categoría:Medalla de Ouro ao Mérito nas Belas Artes Categoría:Académicos da Real Academia Española