Szentlászló , (en serbocroata: Laslov, en alemánhttp://www.ungarndeutsche.de/de/cms/uploads/Ortsnamen_ungarndeutsche.pdf (Consultado en agosto de 2013): Senglasl, St. Glasl) é unha aldea do condado de Baranya, Hungría.
Localización A aldea está situada no lado noroeste de Baranya (en Zselic). A seguinte cidade Szigetvár sitúase no 13 km da aldea. A sede do condado de Baranya, Pécs, está a 47 km de distancia. Había un ferrocarril MÁV entre Szigetvár e a segunda cidade próxima Kaposvár. Desde os anos 70, a única forma de chegar á vila é a estrada xeral nº 67 e en autobús. O tráfico é grande, porque os camións que van ao lago Balaton atravesan a aldea.
Historia Antes da década de 1950, Szentlászló pertencía a Somogy . As primeiras fontes escritas proceden de mediados do século XIII. O patrón é San Ladislau. Aquí había unha casa reitoral chamada Margitapuszta, cedida por Ladislau I (Szent László, do que deriva o nome). Na ocupación otomá non había poboación constante. No século XVIII chegaron á aldea os alemáns. Despois da Segunda guerra mundial foron desprazados a Alemaña Oriental, e no lugar deles chegou xente de Eslovaquia. A primeira igrexa foi construída en 1738. A actual igrexa consagrouse en 1821. Os alemáns tiñan o seu propio consello étnico, que abriu en 2002. A escola primaria é unha "escola étnica".
Notas
Véxase tamén Ladislau I de Hungría
Categoría:Xeografía de Hungría