Aliança Catalana (en galego: Alianza Catalá) é un partido independentista catalán de extrema dereita fundado en Ripoll en 2020. Avoga polo proteccionismo das empresas catalás, a separación entre Estado e relixión e a defensa da economía de mercado. O partido tomou posición contra o bilingüismo en Cataluña e tamén contra a inmigración, feito polo que foi considerado islamófobo.
Historia O 31 de marzo de 2020, Sílvia Orriols, daquela concelleira en Ripoll por Front Nacional de Catalunya (FNC), abandonou FNC por diferenzas sobre o fenómeno da inmigración magrebí, criminalizándoa con discursos islamófobos, logo de instrumentalizar o malestar social tras os atentados en Cataluña en 2017.
Meses despois, o 29 de xullo de 2020, Sílvia Orriols e a agrupación local do FNC decidiron crear un novo partido político que representase o nacionalismo catalán, podería mellorar a seguridade pública e reducir a inmigración magrebí.
En maio de 2023, Aliança Catalana gañou as eleccións municipais en Ripoll ao conseguir seis concelleiros cun discurso antiinmigración e introducindo conceptos propios da ultradereita como a teoría da conspiración da gran substitución ou un suposto "choque de civilizacións". Nos outros dous concellos onde concorreu gañou un concelleiro en Manlleu e outro en Ribera d'Ondara. O 12 de xuño, o resto das forzas políticas do concello de Ripoll tentaron facer un pacto para impedir que Aliança Catalana gobernase o municipio, mais Junts per Catalunya finalmente non participou no acordo e Orriols foi investida alcaldesa o 17 de xuño de 2023.
O 11 de xullo de 2023, Sílvia Orriols confirmou que Aliança Catalana se presentaría ás eleccións ao Parlamento de Cataluña. Orriols foi posteriormente escollida como a candidata para as eleccións unha vez foron convocadas. Fíxoo público en marzo dese mesmo ano nun vídeo co slogan «Salvem Catalunya», e finalmente conseguiu dous escanos.
Ideoloxía O partido ten como ideólogo o historiador Jordi Aragonès. No ano 2022, durante o acto de presentación do organización en Barcelona, Sílvia Orriols defendeu a independencia unilateral propoñendo expulsar España e Francia de Cataluña, ademais de afirmar publicamente que o islam é incompatible cos valores de Occidente.
Resultados electorais Eleccións municipais +AnoVotos%RexedoresResultados desagregados20231.8060,06Por concellos ConcelloComarcaAlcaldableVots%RegidorsGovernRipollRipollèsSílvia Orriols Serra1.40130,8Ribera d'OndaraSegarraAlbert Puig Bernaus4814,9ManlleuOsonaRoger Saborit Verdaguer3575,8
Eleccións ao Parlamento de Cataluña AnoVotos%DeputadosGobernoResultados desagregados2024118.3023,78Por circunscricións CirunscriciónXefe de listaVotos%DeputadosBarcelonaLluís Areny Claverol67.4052,87 TarragonaAurora Fornos Vilanova11.0743,51XironaSílvia Orriols Serra26.8579,03LleidaRamón Abad Gimeno12.9667,78
Notas
Referencias
Categoría:Partidos políticos de Cataluña Categoría:Extrema dereita en Cataluña Categoría:Partidos políticos de extrema dereita de España