A Polygonia c-album é unha especie de bolboreta pertencente á familia Nymphalidae. Os bordos irregulares das súas ás son característicos do xénero Polygonia. Pode atoparse no norte de África e en toda Europa desde Portugal a través de Asia até Xapón. As súas ás son coloridas pero o seu lado inferior posúe un patrón que se camufla cando se pechan unha contra outra.

Descrición A Polygonia c-album posúe unha envergadura de ás de 45 mm. A face inferior das súas ás é dunha cor marrón, cunha pequena marca en forma de 'C' de cor branca. As súas ás posúen un bordo irregular distintivo, aparentemente unha forma críptica xa que a bolboreta aseméllase a unha folla seca.

Debido a que estas bolboretas hibernan como adultos, é posible velas ao longo de todo o ano, pero o período de voo activo vai dende abril até novembro, dependendo da zona. Os adultos aliméntanse con néctar, principalmente de cardos (Cirsium e Carduus spp.), pero tamén de Rubus fruticosus, Hedera helix, Centaurea spp., e Ligustrum vulgare.

As femias poñen até 275 ovos verdes, que cambian a amarelo e finalmente a gris antes de eclosionar. As eirugas tamén son crípticas, son brancas e negras, asemellándose á deposición dun ave.UK Safari No Reino Unido a larva aliméntase de lúpulo, Urtica dioica, olmo, e groselleira negra; noutras zonas tamén se alimenta de salgueiro, abeleira e bidueiro.Funet.fi

A especie sobrevive ao inverno no seu estadio adulto, e os adultos posúen dúas formas. A forma que pasa o inverno antes de reproducirse ten cor escura na superficie ventral das ás, parecendo unha folla seca, unha camuflaxe perfecta para o inverno. A maioría dos descendentes presentan esta forma escura.Comma page at UK Butterflies site A forma que se desenvolve directamente á madurez sexual (forma hutchinsoni) ten ás de cor máis clara na superficie inferior. Ambas as formas poden xurdir de ovos depositados pola mesma femia, dependendo principalmente do fotoperíodo da larva, pero tamén influenciado pola planta hospedeira, temperatura e sexo.

Subespecies

P. c. c-album Europa P. c. imperfecta (Blachier, 1908) Norte de África P. c. extensa (Leech, ) Oeste e zona central da China P. c. kultukensis Kleinschmidt, 1929 Transbaikalia P. c. hamigera (Butler, 1877) Ussuri (localidade do tipo Edo, Xapón) P. c. koreana Bryk, 1946 Corea P. c. sachalinensis Matsumura, 1915 Sakhalin P. c. asakurai (Nakahara, 1920) Taiwán P. c. agnicula (Moore, 1872) Nepal

Distribución Polygonia c-album atópase por toda Europa e a zona tépeda de Asia até Xapón e polo sur até Marrocos. Existen especies semellantes nos Estados Unidos e o Canadá.

Hábitat Esta especie prefire os bosques abertos, claros boscosos, camiños campestres e xardíns.

Galería de imaxes

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Ligazóns externas

Polygonia c-album en Fauna Europaea

Categoría:Lepidópteros de Asia Categoría:Lepidópteros de Europa Categoría:Bolboretas de Galicia Categoría:Animais descritos en 1758