O escribidor de Brandt (Emberiza cioides) é unha ave paseriforme do leste de Asia que pertence ao xénero Emberiza na familia Emberizidae.
Descrición miniatura|150px|esquerda|Ovos de Emberiza cioides no MHNT
O escribidor de Brandt mide de 15 a 16,5 cm de longo. O macho é principalmente marrón avermellado con manchas negras no dorso. A cabeza de padrón atrevido é marrón con sobrecellas brancas, unha banda de bigote e gorxa e laterais grises ata o pescozo. As plumas da cola exteriores son brancas e as patas marróns rosadas. As femias son similares pero máis apagadas e claras cun padrón da cabeza menos definido.
A canción deste paxaro é unha frase curta e apurada cantada desde un pousadoiro prominente. A chamada é unha serie de ata catro notas agudas.
Reprodúcese no sur de Siberia, norte e leste da China, leste de Kazakhstán, Kirguizistán, Mongolia, Corea e o Xapón. É unha ave pouco migratoria, pero os exemplares do norte desprázanse cara ao sur ata chegaren ao sur da China e Taiwán. Hai varios rexistros en Europa, pero moitos deles considéranse animais escapados da catividade e non xenuínas aves vagantes; de todos modos, está na lista das aves ibéricas. Vive en hábitats abertos secos como os matos, granxas, pradeiras e bosques abertos.
Constrúe o seu niño na parte baixa de arbustos ou no chan. Pon de tres a cinco ovos, que son incubados durante 11 días. As aves novas empluman noutros 11 días. Son monógamos e usan a mesma área para reproducirse varios anos seguidos.
Notas
Véxase tamén Bibliografía Brazil, Mark A. (1991). The Birds of Japan. Londres: Christopher Helm. Lewington, Ian; Alström, Per & Colston, Peter (1991). A Field Guide to the Rare Birds of Britain and Europe. HarperCollins. MacKinnon, John & Phillipps, Karen (2000). A Field Guide to the Birds of China. Oxford: Oxford University Press.
Ligazóns externas
Oriental Bird Images: meadow bunting
Categoría:Emberícidos Categoría:Aves de Asia