O xiro ciclista á dereita é unha sinalización que permite aos ciclistas xirar á dereita ou continuar recto nun semáforo en vermello, sempre que cedan o paso a todos os demais usuarios da vía.

miniatura|200px|Sinal que permite xirar á dereita nun semáforo en Francia.

Esta normativa busca incrementar a seguridade viaria dos ciclistas, ao separar o inicio de marcha dos ciclistas dos vehículos a motor, xa que isto é a causa de numerosos accidentes polos puntos cegos. Achega ademais máis comodidade na circulación do ciclista ao evitar en moitos casos que se teña que deter.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Intersección ciclista Semáforo ciclista Plataforma avanzada de espera Caixa de xiro Idaho stop Ciclabilidade

Categoría:Sinais de tráfico Categoría:Infraestrutura ciclista