miniatura|Marzo ilustrado no libro de horas Les Très Riches Heures du Duc de Berry, manuscrito do s. XV. Marzo é o terceiro mes do ano no calendario gregoriano, con 31 días, inicialmente dedicado ao deus grego Marte.

O mes de marzo empeza no mesmo día da semana que febreiro, agás cando é ano bisesto. Tamén comeza no mesmo día da semana que novembro cada ano.

Acontecementos en marzo O 21 de marzo é, no hemisferio sur, o primeiro día do outono e no hemisferio norte, o primeiro da primavera, pois é xeralmente neste día o equinoccio de primavera.

O venres anterior ó equinocio de primavera celébrase, desde 2008, o Día Mundial do Sono .

Refráns sobre marzo

Cando trona en marzo, aparella os cubos e mais o brazo. Marzo marzal, pola mañá cara de rosa e pola tarde cara de can.

Notas

Categoría:Meses