A EDAR de Bens é unha estación depuradora de augas residuais xestionada polo Concello da Coruña que trata as augas residuais dos concellos da Coruña, Arteixo, Oleiros e Culleredo.
Descrición Construída preto da cala de Bens, entre o océano e o monte, escaváronse dous millóns de metros cúbicos de rochas e terra.
O seu funcionamento está baseado en varias etapas e procesosDEPURADORA DE LA CORUÑA. Tratamiento de Residuos: Pretratamento: para eliminación do material máis groso empregando filtros e grellas. Desareador: eliminación de areas. Tratamento primario: separación física de sólidos en suspensión, graxas e aceites empregando solidificantes. Tratamento secundario: eliminación da materia orgánica empregando microorganismos que a asimilan para posteriormente ser retirados por decantación en forma de lamas. Tratamento terciario: depuración por floculación e filtración dos restos orgánicos que non foron eliminados, xunto cos compostos de nitróxeno e fósforo. Para a eliminación de bacterias a planta emprega luz ultravioleta. Tamén se fai un aproveitamento do bio gas que se xera durante os procesos.
O custo da EDAR foi de 97 millóns de euros máis outros 18 millóns de euros para construír o emisario submarino. A obra foi pagada nun 85% pola Xunta de Galicia (Augas de Galicia) e o outro 15% pola Unión Europea. Ten pola liña costeira un paseo peonil e polo lado do monte construirase a ampliación do paseo marítimo. Nos primeiros recibos do ano 2013 pasouse a cobrar aos veciños polo servizo da depuradora.
Emisario submarino O emisario submarino mide 810 metros, 560 m baixo terra e outros 250 m baixo o fondo mariño. Na parte final, en contacto co océano, as augas tratadas saen por 14 bocas situadas a unha profundidae de 32 metros. A obra do emisario custou 18 millóns de euros.
Notas
Categoría:A Coruña Bens